NON O VAS A CREER

BUSCO QUE TODXS XS VEXETARIANXS TEÑAMOS UN PUNTO EN COMÚN

É unha iniciativa que pretende fomentar a oferta de comida vexetariana en Ourense; quero que isto sexa un mapa e arroxe luz sobre este mundo. Sábese que a medida que pasan os anos esta forma de vivir vaise facendo cada vez máis popular entre a sociedade e vaise apegando as familias e aos rapaces. Toumate! pretende que a cousa non quede ahí, pretendemos axudar a que se coñeza todo ese mundo de oferta vexetariana que hai na provincia.

 ¡¡ PORQUE OURENSE MOLA !!

EU SON ALEJANDRO

100% GALEGO COMO O GRELO

Xa dende que era pequeno sempre me mostrei moi sensible co mundo animal, acórdome dunha vez cando era pequeno e non podía ter mascotas peludas debido as reacción alérxicas que me provocaban, ese mesmo día metinme por unhas ruínas cerca da miña casa e ao cabo de un par de horas aparecinlle a miña nai cunha serpe na man, o meu cerebro díxome como non podes ter mascotas con pelo, colle unha sen pelo.

Fai xa máis de 2 anos que deixei de comer carne animal e teño que dicir que non me custou moito creo que é unha das maiores metas da miña vida e complétame ao 100%. Eu son dos que pensan que temos que ser iguais aos animais e non superiores como outros pensan.

Considérome unha persoa que lle gusta a aventura, son extravertido e non me custa nada facer amigos, gústame moito a natureza e sei que hai que coidala e respetala. Tamén me gusta moito o rock e tódalas súas variantes isto pega moito coa miña forma de ver e entender o mundo que nos rodea a enerxía do rock é vital no mundo no que vivimos actualmente.

© 2016 vegetaunt.com | Todos los derechos reservados
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar